send link to app

Coche de Punto


4.6 ( 6896 ratings )
Stili e tendenze Produttività
Sviluppatore Demesix Dealers Solutions S.L.
Libero

Reserva, comparte e aforra
Que é Coche de Punto?
Coche de Punto achega o servizo público de transporte a zonas que ata agora non tiñan cobertura en Pontevedra.
É un servizo universal e ACCESIBLE dende varias canles, só precisa unha chamada de teléfono para comezar unha viaxe.
Coche de Punto é un sistema de transporte pioneiro, adaptado ás necesidades da sociedade galega do século XXI, baseado na necesidade de compartir veículos, adaptarse ás nosas parroquias e protexer o medio ambente.
Para iso créase unha plataforma intelixente que permitirá pór en contacto ás persoas con percorridos que sexan compatíbeis e achegar o transporte público ás persoas que tiñan maiores
carencias del.
Deste xeito compartindo coche de punto aforaremos cartos no noso transporte cotián, chegaremos con más relaxación, puntualmente e, asemade, axudaremos na mellora da
sustentabilidade.
Cales son as vantaxas?
- Reparto dos gastos da viaxes entre as persoas suarias, que asumen o custo da viaxe xunta o Concello de Pontevedra.
- Redución do número de veículos e circulación, co que se colabora na mellora do medio.
- Levar o transporte público a todas as parroquias de Pontevedra cun sistema pioneiro e adaptado ao século XXI.